Galego  |  Español  |  English 
Inicio  |  Contacto   |  Mapa web 



Novas

Avance: BIOTEGA organiza unha xornada de networking con BIOCAT
Terá lugar en Barcelona na primeira quincena de xuño

Primeira Xornada de Dinamización en Biotecnoloxía
Organizada por Bioga, coa colaboración do BIC Galicia, terá lugar no FEUGA en Santiago de Compost...

BIOSPAIN 2010
5º Encontro Internacional de Biotecnoloxía. Pamplona 29 de setembro a 1 de outubro de 2010.

Principais Programas de Axudas á I+D+I no ámbito da Biotecnoloxía Vermella
Documento presentado por Inova na I xuntanza do Comité Executivo cos/as coordinadores/as dos grup...

Documento de Visión de Biotega
Documento final aprobado pola Asemblea

GalChimia na élite da química orgánica
A firma galega creada fai 8 anos proxecta o seu asalto á UE

Premio ao Yondelis de Pharmamar por mellor medicamento do 2009
O tratamento a poder de trabectedina e de orixe mariña acaba de recibir a opinión positiva de Eur...





PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, INNOVACIÓN E CRECEMENTO 2011-2015
BIOTEGA > A Plataforma > Que é Biotega > A Plataforma

A Plataforma

¿Que é Biotega?



A Plataforma Galega de Biotecnoloxía (Biotega) defínese como un punto de encontro e diálogo de todos os axentes relacionados coas actividades empresariais , neste caso co sector da Biotecnoloxía Vermella orientada ás ciencias da saúde humana e animal, para o desenvolvemento de actividades de I+D+i que melloren a súa capacidade competitiva. 

A Plataforma nace co obxectivo de agrupar entidades para impulsar a competitividade dos sectores chave para a economía galega a través da colaboración entre os axentes do sistema de innovación e a integración de actuacións. Ditas plataformas incorporan a todos os actores do sistema galego de innovación (empresas, centros tecnolóxicos, grupos de investigación da universidade, organismos públicos de investigación, entidades financeiras) interesados no sector biotecnolóxico e liderados pola industria.
A Plataforma define e implementa a Axenda Estratéxica de I+D+i sobre o sector biotecnolóxico , cun relevante impacto social debido a súa posible achega aos obxectivos galegos de crecemento, competitividade e sustentabilidade baseados no coñecemento.

A misión de Biotega é servir de ferramenta para mellorar a competitividade, sostenibilidade e  o crecemento da industria galega, mediante o desenvolvemento da I+D e o fomento e o apoio a innovación no ámbito do sector das ciencias da saúde humana e animal.



   
                                              
                                         


ÁREA PRIVADA
 
Usuario:
Contraseña:
 
Entrar
Para acceder a Área Privada compre identificarse, pode solicitar os seus datos de acceso se non os lembra, ou solicitar o alta de usuario
Axenda

IV Xornada de Investigación Biomédica de Vigo
24 de maio de 2011 de 9:00 a 19:00 h en Vigo



Membros

 | Aviso Legal