A Plataforma Tecnolóxica Galega de Biotecnoloxía, constituíu o seu Comité Executivo o día 26 de xaneiro do 2009. O Comité está formado por representantes do ámbito empresarial e do sector público.
As funcións do comité serán:
Deseñar as estratexias e os plans de traballo específicos e trasladalos para a súa validación pola Asemblea
Facer o seguimento das actuacións da Secretaría técnica e dos grupos de traballo e garantir o cumprimento dos obxectivos previstos
Participar de maneira activa nas accións de difusión e comunicación sobre a Plataforma