A Plataforma Tecnolóxica Biotega pretende ser un foro de referencia do sector das ciencias da saúde humana e animal acadando un alto nivel de masa crítica e de representatividade; ten como obxectivos estratéxicos:
Expor e desenvolver unha estratexia de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación que dea un importante impulso á competitividade do sector biotecnolóxico galego no campo das ciencias da saúde humana e animal, para e coa implicación e integración de esforzos dos distintos axentes que o forman.
Converterse nun foro de referencia do sector conseguindo un alto nivel de masa crítica e representividade.
Propiciar un impulso á competitividade do sector pola vía da I+D+I e a intensificación da colaboración entre os axentes do sistema, estimulando especialmente a involucración do sector privado.
Incrementar os niveis de participación e éxito do sector biotecnolóxico galego na procura de financiación da I+D+I nas convocatorias e programas de axuda autonómicos, estatais e europeos.
Xerar e trasladar propostas consensuadas ante as diferentes administracións de referencia sobre cuestións como as políticas de I+D+I para o sector.