Grupos de traballo
Áreas prioritarias de I+D+i para a Axenda Estratéxica de Investigación
Os grupos de traballo son un instrumento de participación que buscan axudar a desenvolver, evolucionar e implementar a Axenda Estratéxica de Investigación no sector biotecnolóxico.
As áreas prioritarias de I+D+i propostas para a elaboración da Axenda Estratéxica de Investigación e para as orientacións de conformación dos grupos de traballo dentro da Plataforma Tecnolóxica Galega de Biotecnoloxía son:
- Diagnose-Marcadores-Xenómica-Proteómica
- Medicina Rexenerativa-Biomateriais
- Farmacoloxía-Novos Medicamentos-Xenómica-Proteómica
Para poder adherirse a un grupo de traballo é requisito imprescindible adherirse á Plataforma Tecnolóxica Galega de Biotecnoloxía.
Para solicitar adhesión a un grupo de traballo, descarge o
formulario.
Se quere propoñer ideas dentro dos grupos de traballo, cubra o formulario pertencente a cada grupo e envíeo por correo ordinario á dirección que aparece no propio formulario.