Galego  |  Español  |  English 
Inicio  |  Contacto   |  Mapa web 



Novas

Avance: BIOTEGA organiza unha xornada de networking con BIOCAT
Terá lugar en Barcelona na primeira quincena de xuño

Primeira Xornada de Dinamización en Biotecnoloxía
Organizada por Bioga, coa colaboración do BIC Galicia, terá lugar no FEUGA en Santiago de Compost...

BIOSPAIN 2010
5º Encontro Internacional de Biotecnoloxía. Pamplona 29 de setembro a 1 de outubro de 2010.

Principais Programas de Axudas á I+D+I no ámbito da Biotecnoloxía Vermella
Documento presentado por Inova na I xuntanza do Comité Executivo cos/as coordinadores/as dos grup...

Documento de Visión de Biotega
Documento final aprobado pola Asemblea

GalChimia na élite da química orgánica
A firma galega creada fai 8 anos proxecta o seu asalto á UE

Premio ao Yondelis de Pharmamar por mellor medicamento do 2009
O tratamento a poder de trabectedina e de orixe mariña acaba de recibir a opinión positiva de Eur...





PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, INNOVACIÓN E CRECEMENTO 2011-2015
BIOTEGA > Novas > Novas Biotega > Primeira Xornada de Dinamización en Biotecnoloxía

Primeira Xornada de Dinamización en Biotecnoloxía

Organizada por Bioga, coa colaboración do BIC Galicia, terá lugar no FEUGA en Santiago de Compostela os días 28 e 29 de xaneiro

A Asociación BIOGA -Clúster Tecnolóxico Empresarial do Sector das Ciencias da Vida- , coa colaboración do BIC Galicia, organiza a Primeira Xornada de Dinamización en Biotecnoloxía que terá lugar os días 28 e 29 de xaneiro na sede de FEUGA en Santiago de Compostela.
As xornadas estrutúranse en tres bloques de actividade principais. Durante o día 28 abordarase a experiencia na constitución e desenvolvemento de bioclusters en España e Portugal, contando coa participación de representantes de Asebio, Madrid Biocluster, BioRegió de Caltalunya, Bioval, BioBasque e a Asociación Portuguesa de Empresas BIO(APBIO). A segunda actividade, o día 29, consistirá nunha serie de charlas formativas relativas á planificación estratéxica e desenvolvemento de negocio e estratexias de marketing e análise mercado, e finalizarán pola tarde coa celebración dunha mesa redonda na que se abordará a importancia e encaixe da institución na cadea de valor do desenvolvemento biotecnolóxico, con representantes da universidade, a empresa, as administracións públicas e as entidades de financiamento.
Poden consultar o programa na web de BIOGA: www.bioga.org ou pinchando aquí





ÁREA PRIVADA
 
Usuario:
Contraseña:
 
Entrar
Para acceder a Área Privada compre identificarse, pode solicitar os seus datos de acceso se non os lembra, ou solicitar o alta de usuario
Axenda

IV Xornada de Investigación Biomédica de Vigo
24 de maio de 2011 de 9:00 a 19:00 h en Vigo



Membros

 | Aviso Legal