Adhesión de empresas e outras entidades
A solicitude de adhesión á Plataforma Tecnolóxica Galega de Biotecnoloxía-Biotega, deberá cursarse á Secretaría Técnica segundo o procedemento descrito neste apartado.
A partir de este momento o novo membro poderá participar nas actividades de Biotega e nos grupos de traballo nos que solicitou a súa inclusión. Así mesmo, os seus datos serán incluídos na web e na lista de distribución da plataforma e habilitarase un acceso á zona privada da web.
En ningún caso a pertenza a Biotega suporá unha vinculación contractual. Igualmente, non se remunerarán de ningunha maneira as contribucións que se fagan en tanto que o fin que se persegue con esta iniciativa é puramente o fomento da I+D+i sectorial. Enténdese, polo tanto, que o beneficio redunda no crecemento e progreso daqueles que integran a plataforma de maneira directa e global.
Procedemento
Se vostede está interesado en formar parte de Biotega, debe cumprimentar
OS DOUS DOCUMENTOS (carta e formulario) que se facilitan a continuación e envialos a
secretaria@biotega.org, xunto co logotipo da organización.